Incricións abertas na formación gratuíta sobre Actividades Auxiliares de Comercio, Almacén e Reparto a Domicilio.
Ambar impatirá unha formación sobre ‘Operacións Auxiliares nas Industrias Alimentarias’ para persoas con diversidade funcional.
A formación é totalmente gratuíta e conta cunha beca de asistencia para tódalas persoas participantes e servizo de transporte dispoñible.
Requisitos
🟢 Ter unha diversidade igual ou superior ao 33%
🟢 Estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego.
🟢 Para obter a titulación hai que asistir ao 85% do curso.
🟢 Ao inicio da formación deberase aportar a acreditación da demanda de emprego (DARDE) en vigor, expedida polo Servizo Público de Emprego.
Data, horario e lugar
Data: Inicia o 10 de abril e remata o 19 de setembro do 2023
Lugar: Centro de recursos da Asociación Ambar. Lg Granxa Nº 5. Frións Ribeira.
Este curso realízase co apoio financieiro da Fundación ONCE a través da “Convocatoria de Axudas Económicas para a selección de operacións para o reforzo da empregabilidade de persoas con discapacidade POISES Uno a Uno – Ano 2022-2023”.
E enmárcanse no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020 (POISES) do Fondo Social Europeo (FSE), en concreto co Obxectivo Temático 9, Prioridade de Inversión 9.1., Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación
ou risco de exclusión social.
Inscricións
Podes realizar a túa incrición cubrindo o seguinte formulario:
Se prefires tamén podes chamar ao 673 879 034 para formalizar a túa inscrición 😉
Esta formación é posible grazas á financiación da Fundación ONCE concedida na ‘Convocatoria de Axudas económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas Xoves con Discapacidade “Uno a Uno” e enmárcase no Programa de Emprego Xuvenil (POEJ) do Fondo Social Europeo “O FSE inviste no teu futuro.”