Promovemos iniciativas e actividades na comunidade, fomentando a autonomía persoal e o apoderamento das persoas con diversidade funcional.
Ambar na Comunidade
Creando rede pola inclusión social
Realizamos actividades e proxectos de diversas índoles en colaboración con outras persoas, entidades, organizacións, e centros educativos na nosa comunidade. Promovendo a participación e inclusión social das persoas con diversidade funcional.
O deporte como forma de vida
Contamos cos programas de Vela para Todos e Móve-T. Ambos supoñen unha oportunidade para as persoas con diversidade funcional de desfrutar de alternativas de ocio saudable e diversas dentro da nosa comarca, por mar e terra!
Levámola arte dentro, e tamén fóra
Promovemos a arte inclusiva a través de actividades como exposicións colectivas e representacións artísticas que mesturan a danza e a interpretación, co obxectivo de visibilizar o traballo artístico e transmitir ó público mensaxes de interese social.
Persoas con valor fan produtos con valores
Elaboramos de maneira artesanal produtos únicos que poñen en valor o potencial das persoas, axudando a cambiar a percepción que se ten da diversidade funcional. Os obradoiros de cestería, encadernación, maqueta de produtos, xabóns naturais e horto ecolóxico entre outros, fan posible esta labor.
Unha vida independente
Queremos que as persoas sexan protagonistas do seu proxecto persoal de vida. O programa de vida independente con apoio promovido nos Servizos de Atención Diúrna, permite ás persoas coñecer distintas alternativas de vida, de xeito que poidan escoller aquela que mellor se adapte ó seu plan vital.
Queres formar parte da nosa rede?
Faite voluntari@ ou empresa colaboradora
Escríbenos a comunicacion@asociacionambar.org e poñerémonos en contacto contigo.