A acción voluntaria é un motor de cambio para construír un mundo mellor. Uníndote o noso programa de voluntariado poderás favorecer a participación e inclusión social das persoas con diversidade funcional. Sé o cambio que queres ver nos demais.
Faite voluntari@!
Queres ser voluntari@?
- Chámanos o 981 87 44 80
- Ou envíanos o seguinte formulario.
Que queremos?
Queremos fomentar a autonomía e a inclusión social das persoas con diversidade funcional na súa comunidade:
Con + Participación social
Potenciando o desenvolvemento persoal e a autoestima das persoas con diversidade atendendo ao desempeño activo de actividades de ocio, deportivas ou de participación comunitaria.
Ofrecendo os apoios necesarios
Proporcionando apoios ás persoas con diversidade funcional e ás súas familias para favorecer a súa inclusión, reforzando aquelas áreas que se viran freadas na pandemia.
Sensibilizando á comunidade
Sensibilizando á comunidade sobre o valor da diversidade, educar nos nosos valores e resaltar a importancia da colaboración das persoas voluntarias para a inclusión social.
Comparte o teu tempo con nós!
Saídas de Ocio Inclusivo
Tes máis de 55 anos, traspásanos o teu saber!
- Horticulura
- Artesanía
- Cultura e tradición galega.
Nos nosos proxectos
- Calendario Solidario
- Día da Diversidade Funcional
- Actividades 40 Aniversario
- Carreira pola Diversidade
Non nos mires, únete!
Se queres formar parte do noso equipo de voluntari@s.
Chámanos ao 981 87 44 80 ou Envíanos o seguinte formulario.
Queres facer voluntariado coa túa empresa?
Organizamos xornadas de voluntariado corporativo e cooperativo, se estás interesada ou interesado de colaborar con nós coa túa empresa. Cubre o seguinte formulario: