Para garantir unha total transparencia, nesta páxina podes consultar toda a información da nosa asociación.
Milagros Rey
Presidenta
A miña labor na entidade consiste en lograr que as persoas con diversidade funcional teñan o seu espazo no mundo laboral, educativo e social de forma inclusiva, participando e estando presentes activamente na sociedade.
Pola miña traxectoria, tanto persoal como profesional, teño un amplo coñecemento da diversidade funcional e do sector social. Considérome unha persoa sensible, e aporto á entidade visión, paixón, e ansias de superación.
A calidade dos nosos servizos
En Ambar buscamos a mellora continua, actualizándonos e afrontando novos retos dende unha perspectiva de eficiencia e innovación. Contamos cunha certificación de Xestión de Calidade na Norma Internacional ISO 9001:2015, na que se basea o noso sistema de traballo, en especial os nosos Servizos de Atención Diúrna.