Café con Congalsa

Hoxe visitou as nosas instalacións Juan Carlos Rama, Director de Recursos Humanos en Corporación empresarial Congalsa S.L. Durante o encontro, compartiu a súa visión e experiencia en Congalsa, multinacional presente en máis de trinta países e líder na elaboración de produtos precociñados ultraconxelados.

Irene Paz, Juan Carlos Rama, Jaime Capilla e o alumnado da formación de Industria Alimentaria

Esta charla enmárcase dentro da formación en Industrias Alimentarias que se está impartindo no Centro de recursos da Asociación Ambar, unha acción formativa financiada pola Fundación ONCE, e do Fondo Social Europeo, Iniciativa de Emprego Xuvenil no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

É unha acción enmarcada no obxetivo temático 8: Promover a sostibilidade e acalidade no emprego e favorecer a movilidade laboral. Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competenzas profesionais das persoas xoves non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

Ao acto asistiu o alumnado da formación sobre Industria Alimentaria. Tamén estiveron presentes Milagros Rey, presidenta de Ambar; Helena Teira, coordinadora xeral, Jaime Capilla, coordinador da formación; Daniel Tojo, orientador laboral; Irene Paz, mestra da formación e Laura Pego, coodinadora de comunicación.

Juan Carlos Rama, Director de Recusos Humanos de Congalsa.

Despois da presentación de Juan Carlos Rama relizouse unha rolda de preguntas pora parte das persoas asistentes. O evento rematou cun café e charla informal.


Esta é a 2ª xornada do ciclo de conferencias que terá continuidade durante as vindeiras semanas no Centro de Recursos da Asociación Ambar, a primeira foi o pasado xoves 16 ca presentación de Miguel Mosteiro, xefe de cociña de Gastrolab Arousa.

Logo Fundación Once Uno a Uno