Apostamos por crear unha cultura empresarial inclusiva para garantir a igualdade de oportunidades no acceso ó emprego. Cada día máis empresas buscan profesionais diversos, que aporten diferentes enfoques e maneiras de solucionar os retos do día a día.
Apostando polos Talentos Diversos

Axúdanos a construír unha comarca máis inclusiva!
Se es unha empresa, podemos prestarche asesoramento para captar talentos para o teu negocio. Se estas interesada/o en:
- Coñecer os beneficios das estratexias de inclusión e da diversidade.
- Converterte nunha empresa máis accesible cunha cultura laboral innovadora.
- Levar a cabo procesos de selección máis inclusivos.
- Traballar a través da túa RSE pola inclusión das persoas con diversidade funcional.
Coñeces Emprego Ambar?
Emprego Ambar é o noso espazo de emprego onde poderás atopar información sobre as últimas ofertas de emprego e formación, un listado das subvencións vixentes para empresas. E pautas e consellos para converterte nunha empresa inclusiva.
Gustaríache recibir máis información?
Coñece as nosas novas en emprego inclusivo no 981 874 480 ext. 5 ou escríbenos no seguinte formulario.