Prestamos dúas modalidades de Servizos de Atención especializados para as persoas con diversidade funcional, centro ocupacional e centro de día.
Coñece os nosos Servizos!
Servizos deseñados a túa medida
O centro de día e ocupacional de Ambar, son uns servizos centrados nas persoas. Co-deseñamos as actividades en función dos teus gustos e intereses, porque a túa felicidade é o que máis importa.

Que podemos aportarche?
- Aprende novas formas de facer as cousas por ti mesma ou mesmo.
- Mantente activa, coas nosas actividades deportivas: natación, pilates… Ou forma parte dos nosos equipos de fútbol, baloncesto e pádel.
- Segue formándote! Ofrecémosche opcións académicas, laborais, artesanais e artísticas.
- Participa na comunidade a través das actividades de ocio, estancias de fin de semana e campamentos.
- Forma parte dun grupo de amizades co que desfrutar da vida.
Que se necesita para participar?
- Ser maior de 16 anos.
- Ter recoñecida unha situación de diversidade funcional.
- Ter ganas de comezar unha nova etapa e realizar os teus obxectivos de vida.
O noso día a día
No seguinte vídeo deixámosche co resumo do noso día a día, os obradoiros que realizamos e as persoas que forman a familia Ambar.
Ven a visitarnos!
A mellor maneira de contarche todo o que facemos, é visitándonos. Estamos encantadas de abrir as portas para que as persoas protagonistas dos Servizos de Atención Diúrna mostren o seu día a día.
Escríbenos a correo@asociacionambar.org ou danos unha chamada o 981 87 44 80 para concertar unha visita.