Os proxectos de accesibilidade e vida independente dotan tanto ás persoas con diversidade funcional como ás entidades que así o desexen das ferramentas para crear un entorno máis inclusivo.
Accesibilidade e vida independente
Rompe barreiras con nós
Queremos que todas as persoas poidan saír a rúa e desfrutar dela en igualdade, por iso promovemos a accesibilidade universal.
Suma accesibilidade. Asesorámosche!
Contamos cun servizo de asesoramento para toda aquela persoa ou entidade que o solicite para facer o seu fogar, negocio, concello ou actividade accesible, de xeito que todas as persoas poidamos desfrutar dela!
Consellos accesibles
A continuación tedes un par de publicacións para mellorar os vosos coñecementos en accesibilidade universal e accesibilidade cognitiva.
Recomendacións para escribir un texto en Lectura Fácil
Que é lectura fácil e como podo facer para que o meu texto sexa máis accesible.
Como facer a oferta de emprego accesible?
Para que unha oferta de emprego chegue ó maior número de persoas posible, é necesario que dende o inicio a oferta de emprego sexa accesible a tódalas persoas.
Gustaríache recibir asesoramento?
Chámanos ao 981 87 44 80 ou ponte en contacto con nós a través do seguinte formulario.