Oferta de emprego: Preparador/a laboral

Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Preparador/a laboral . Este documento inclúe información sobre este posto laboral, o que facemos en Ambar, e os requisitos para postular a esta oferta.

Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese, e saber pronto de ti!

Sobre Nós

Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos dende fai máis de 40 anos para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.  

Para acadar isto, traballamos: 

  • prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio, 
  • impulsamos o apoderamento das persoas con diversidade a través da expresión artística e da creatividade, 
  • aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna, 
  • facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de vivenda con apoio, 
  • formamos e promovemos o emprego digno na comarca. 

Sobre o posto de traballo

Ambar está a vivir unha etapa moi ilusionante trala creación do Plan estratéxico 2021-2023, que marca as próximas prioridades da organización moi en liña coa Convención de Dereitos das persoas con diversidade da ONU e a Estratexia Europea, que promoven obxectivos de desinstitucionalización a prol da transición a ofrecer servicios na comunidade.  

O emprego con apoio é unha parte esencial en acadar estes obxectivos. Dentro deste marco, Ambar está a buscar un/ha preparador/a laboral, para prestar apoio en prácticas ou en posto de traballo a persoas con itinerarios de inserción activos das persoas con diversidade funcional. 

Buscamos unha persoa con moita autonomía e habituada a afrontar novos retos e sen medo a cuestionar os modelos actuais de inserción laboral para poder aliñarnos coas directrices internacionais que marcan a transición dos servizos institucionais ós servizos baseados na comunidade. 

Como presentarse a esta oferta

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación, onde fales da túa experiencia na área de emprego, inserción laboral e como preparador/a laboral e o teu currículo a seguinte dirección de correo electrónico talento@asociacionambar.org.

Polo volume de candidaturas que recibimos vémonos na imposibilidade de respostar a aquelas persoas que non son preseleccionadas para a fase de entrevistas.  

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (What’s App) 

Moitas gracias e esperamos saber pronto de ti! 

Descrición do posto


Área: Formación e emprego 

Lugar de traballo: Desprazamentos ós Concellos de Pobra, Porto do Son e Rianxo.  
Centro de Recursos da Barbanza en Ribeira.  

Duración: 6 meses, con posibilidade de ampliación.
Inicio: Incorporación inmediata

Misión do posto

A misión deste posto é prestar apoio en posto de traballo ou en prácticas a persoas con diversidade funcional, nos concellos de Pobra, Porto do Son e Rianxo.  

 

Responsabilidades

  • Deseñar, desenvolver e avaliar as actividades necesarias destinadas ó Emprego con apoio, tendo en conta as características persoais, familiares, sociais da persoa con diversidade e aplicando as estratexias e técnicas máis adecuadas para o desenvolvemento do seu posto de traballo. 
  • Orientar e acompañar á persoa con diversidade, elaborando un plan de adaptación ó posto de traballo. 
  • Establecer unha boa relación e comunicación coa empresa e a persoa de referencia da persoa con diversidade favorecendo a inclusión na empresa. 
  • Apoiar á persoa con diversidade no desenvolvemento de habilidades sociais, de modo que poida relacionarse coa contorna laboral nas mellores condicións. 
  • Realizar un seguimento da persoa con diversidade no posto de traballo e avaliar a súa mellora continua. 
  • Identificar e atraer clientes apropiados cos que utilizar a metodoloxía de Emprego con Apoio. 
  • Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización, e calquera outra regulación pola cal se rexa a organización.  
  • Colaborar noutras responsabilidades que se lle sexan encomendadas en relación cos valores de Ambar de axuda entre iguais, como poden ser apoio a persoas con diversidade nos diferentes servizos. 

Especificacións da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

  1. Estudos superiores acorde coa experiencia solicitada, especialmente na área de emprego.  
  1. Experiencia en liderar de maneira autónoma proxectos, e levar a cabo xustificacións a diferentes financiadores. 
  1. Experiencia na inserción laboral, idealmente en colectivos en risco de exclusión. 
  1. Experiencia en falar en público, e promover os intereses dunha organización diante de públicos externos.  

Habilidades e outros

  1. Nivel alto de autonomía, en levar a cabo proxectos da área de emprego 
  1. Capacidade para crear conexións fortes con empresas, promovendo a inserción laboral de persoas con diversidade.  
  1. Capacidade de mellora, autocrítica para poder mellorar proxectos e resultados.  
  1. Excelente nivel de galego e castelán, tanto falado como escrito. Outros idiomas valoraranse positivamente. 
  1. Manexo profesional do paquete MS Office.