Impulsando vidas independentes en comunidade
O noso propósito
Impulsar vidas independentes en comunidade
A persoa é protagonista da súa vida,
fala en primeira persoa: “eu fun a…”, “eu organicei…”, “eu comprei…”
Toma as súas propias decisións
nas diferentes etapas da vida, decide que facer, como, onde e con quen vivir.
Decide como participar na comunidade
e que apoios precisa para participar.
A nosa proposta de valor
Conectamos á persoa con diversidade funcional cos recursos da comunidade, facilitándolle apoios para que viva a vida que quere.
Conectamos á persoa
A persoa vive desconectada da comunidade, asiste ou usa servizos protexidos que están fóra dos núcleos. Vive a vida en terceira persoa: “Ambar levoume…”, “Meu pai comproume…”,
Buscamos servizos no lugar onde reside, os mesmos que os seus veciñas e veciños, e prestamos apoio para que a persoa poida usar.
Facilitamos apoios
A persoa podería requirir apoios para tomar decisións e para desenvolverse na propia comunidade.
Todo apoio ten que ter como obxectivo a adquisición de habilidades para a vida en comunidade, entendendo que no futuro a persoa os poida usar da maneira máis autonomamente posible.
Recursos
Buscamos recursos dentro dos existentes na comunidade, evitamos duplicar servizos. As persoas con diversidade non poden participar dos mesmos servizos que o resto da cidadanía por falta de accesibilidade ou adaptación.
Estudan, traballan ou residen en espazos protexidos: centros de día, Escolas de Educación Especial, Centros Especiais de Emprego, residencias. As súas traxectorias sociais son unidireccionais, desprazándose destes centros protexidos ás súas casas, sen case participación social.
Como implementamos todo isto?
Somos cada un de nós, as persoas profesionais de Ambar, a través das nosas accións, as responsables de xerar as oportunidades para que a persoas con diversidade poida medrar e desenvolver os seus propios talentos, poida desenvolverse na comunidade como cidadán de pleno dereito e poidan establecer relacións que fagan medrar os seus apoios e recursos dentro da mesma.