Asistimos á I Feira de Emprego do Barbanza.
Nos días 20 e 21 de abril, celebrouse a I feira de Emprego do Barbanza a cal tivo lugar no centro de Formación e Viveiro de Empresas do Concello de Boiro.
O alumando da formación en Actividades Auxiliares de Comercio, Almacén e Reparto a Domicilio, asistiu a este evento o venres 21 de abril, acompañados por Daniel Tojo, orientador laboral; Jaime Capilla, coordinador da formación e Irene paz, docente da formación.
Nesta saída, o alumnado da formación, acudiu ó taller Busca Activa de Emprego que impartiron Iria Montero e Raquel Suárez de Nortempo ETT, na que abordaron contidos sobre estratexias e elaboración de currículos, uso das redes sociais e, entre outros, como enfrentarse a unha entrevista de traballo.
Posteriormente, tiveron a oportunidade de visitar a feira e de entregar os seus currículos nalgunha das empresas máis importantes da comarca.
Este curso está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), a través da “Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” – POISES – Año 2022 /23″ impulsada pola Fundación ONCE.
Esta actuación enmárcase dentro do Obxectivo Temático 9, Prioridade de Inversión 9.1. Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.
O FSE inviste no teu futuro.