Ti decides quen, ti decides como | xornadas de información xurídica

Ambar promove unhas xornadas de ‘información xurídica’ que terán lugar no Centro de Recursos da Asociación en Ribeira, o vindeiro xoves 27 ás 10:00 h.

Queremos que as persoas sexan protagonistas do seu proxecto persoal de vida. O programa de vida independente con apoio promovido nos Servizos de Atención Diúrna, permite ás persoas coñecer distintas alternativas de vida, de xeito que poidan escoller aquela que mellor se adapte ó seu plan vital.

Que trataremos nestas xornadas?

🟡 Canles de tramitación habituais, tempo e execución dos mesmos.

🟡 Modificación nas necesidades de salvagarda e apoio da persoa.

🟡 Novas institución de apoio.

🟡 Xestión de bens.

Data, horario e lugar

Data: xoves 27 de abril

Hora: 10:00h a 13:00h

Lugar: Centro de recursos da Asociación Ambar. Lg Granxa Nº 5. Frións Ribeira.

Se che interesa asistir, confirma a túa asistencia chamando ao

981 87 44 80 ou envíanos un correo a correo@asociacionambar.org facilitándonos o teu nome, apelido e DNI.

Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+). Unha actuación subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027.