Ti decides quen, ti decides como | II xornadas de información xurídica
Esta mañá tiveron lugar no Centro de Recursos da Asociación Ambar, as II xornadas de ‘Información Xurídica’.
Leváronse a cabo por Pablo Ferreirós, profesional externo especialista na materia e que versou sobre as últimas modificacións introducidas pola <<Lei 8/2021, de 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica>>.
Durante as xornadas esclareceunos aqueles aspectos que derivan desa mesma lei:
🟡 Canles de tramitación habituais, tempo e execución dos mesmos.
🟡 Modificación nas necesidades de salvagarda e apoio da persoa.
🟡 Novas institución de apoio.
🟡 Xestión de bens.
Esta actuación está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+). Unha actuación subvencionada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027.