Café con Suministros Industriales Triñanes
Hoxe visitou as nosas instalacións Gonzalo Triñanes, xerente en Triñanes e Hijos, Suministros Industriales S.L. de Boiro, unha empresa adicada á distribución de Roupa de Traballo e Artigos de Seguridade Laboral que provee a múltiples sectores.
Na súa charla achegounos ás singularidades da súa empresa e das bases necesarias para o traballo, facendo fincapé na importancia da seguridade na contorna laboral e nas bases que definen o seu traballo día a día: calidade de produtos, formación, modernización, seguimento, contacto e positividade.
Tamén nos aportou información de interese sobre os erros máis comúns que se poden cometer ao realizar un currículo, cales son as mellores formas para abordalo, ferramentas que nos poden ser de axuda á hora de que unha empresa como a que Gonzalo represanta nos seleccione ou actitude nunha entrevista.
Esta charla enmárcase dentro da formación en Industrias Alimentarias que se está impartindo no Centro de recursos da Asociación Ambar, unha acción formativa financiada pola Fundación ONCE, e do Fondo Social Europeo, Iniciativa de Emprego Xuvenil no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
É unha acción enmarcada no obxetivo temático 8: Promover a sostibilidade e a calidade no emprego e favorecer a movilidade laboral. Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas xoves non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.
Ao acto asistiu o alumnado da formación sobre Industria Alimentaria. Tamén estiveron presentes Milagros Rey, presidenta de Ambar; Jaime Capilla, coordinador da formación; Irene Paz, mestra da formación e Laura Pego, coodinadora de comunicación.
Despois da presentación, relizouse unha rolda de preguntas pola parte das persoas asistentes. O evento rematou cun café e charla informal.
Esta é a 4ª xornada do ciclo de conferencias que está tendo lugar no Centro de Recursos da Asociación Ambar.