Café con Chicolino Restauración

Hoxe visitou as nosas instalacións Melisa Cespón, encargada de compras e azafata de eventos en Chicolino Restauración, unha empresa adicada á organización de eventos e servizos de restauración e catering ubicada en Boiro.

Na súa presentación falounos sobre as empresas que compoñen Chicolino Eventos e os perfís profesionais que definen a cada una delas. Explicou toda a xestión dos eventos, tódolos departamentos e persoal que se ven implicados e tamén os procedementos e tarefas que se seguen na preparación dun evento.


Melisa veu acompañada por Balbino Alonso, quen formou parte do alumnado da formación de Industrias Alimentarias impartida o ano pasado no Centro de Recusos de Ambar. Ao rematar a fase teórica, Balbino fixo as prácticas en Chicolino Restauración, incorporándose finalmente ao seu equipo de traballo. Falou acerca da súa experiencia, comentou como foi a súa adaptación durante as primeiras semanas, como solventou as dificultades e as distintas tarefas que asumiu ao longo da súa traxectoria na empresa.

Esta charla enmárcase dentro da formación en Industrias Alimentarias que se está impartindo no Centro de recursos da Asociación Ambar, unha acción formativa financiada pola Fundación ONCE, e do Fondo Social Europeo, Iniciativa de Emprego Xuvenil no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

É unha acción enmarcada no obxetivo temático 8: Promover a sostibilidade e a calidade no emprego e favorecer a movilidade laboral. Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas xoves non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

Ao acto asistiu o alumnado da formación sobre Industria Alimentaria. Tamén estiveron presentes Milagros Rey, presidenta de Ambar; Jaime Capilla, coordinador da formación; Irene Paz, mestra da formación; Daniel Tojo, orientador laboral e Laura Pego, coodinadora de comunicación.

Despois da presentación, relizouse unha rolda de preguntas pola parte das persoas asistentes. O evento rematou cun café e charla informal.


Esta é a 5ª xornada do ciclo de conferencias o cal tivo lugar no Centro de Recursos da Asociación Ambar.

Logo Fundación Once Uno a Uno