Café con Grupo Cycle

Hoxe visitou as nosas instalacións Adriana Rego, técnica de Recursos Humanos e administración no Grupo Cycle, unha empresa dedicada á proveer solucións en servizos integrais, ofrecendo unha amplia gama de servizos no referente a instalacións, dende o desenvolvemento da xestión das mesmas ata servizos de funcionamento, mantemento, control e administración de tipo industrial, traballando a través de Cycle Servicios, como Centro Especial de Emprego a prol da inserción laboral das persoas con diversidade.

Na súa intervención, Adriana abordou temas relacionados cos procesos selectivos que se levan a cabo na súa empresa, sobre como abordar o perfil profesional, de como facer unha busca de traballo efectiva a través das plataformas dixitais de emprego, ou sobre cales son as aptitudes e actitudes máis demandadas no mundo laboral, as coñecidas como soft skills e hard skills.

Irene Paz, Daniel tojo , Milagros Rey e Adriana Rego.
Alumnado da Formación de Industria Alimentaria no ‘Café con Grupo Cycle’ presentado por Adriana Rego.

Esta charla enmárcase dentro da formación en Industrias Alimentarias que se está impartindo no Centro de recursos da Asociación Ambar, unha acción formativa financiada pola Fundación ONCE, e do Fondo Social Europeo, Iniciativa de Emprego Xuvenil no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

É unha acción enmarcada no obxetivo temático 8: Promover a sostibilidade e a calidade no emprego e favorecer a movilidade laboral. Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas xoves non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

Ao acto asistiu o alumnado da formación sobre Industria Alimentaria. Tamén estiveron presentes Milagros Rey, presidenta de Ambar; Jaime Capilla, coordinador da formación; Daniel Tojo, orientador laboral; Irene Paz, mestra da formación e Laura Pego, coodinadora de comunicación.

Alumnado da formación de Indutria Alimentaria con Irene Paz, Daniel Tojo, Milagros Rey e Adriana Rego.

Despois da presentación, relizouse unha rolda de preguntas pola parte das persoas asistentes. O evento rematou cun café e charla informal.


Esta é a 3ª xornada do ciclo de conferencias que está tendo lugar no Centro de Recursos da Asociación Ambar.

Logo Fundación Once Uno a Uno