Oferta emprego persoa técnico de inclusión social. Asociación Ambar en Ribeira. Envíanos o teu CV a correo@asociacionambar.org

Oferta de emprego: Técnico/a inclusión social

Benvido/a e gracias polo teu interese neste posto. Este documento inclúe información sobre este posto laboral, o que facemos en Ambar, e os requisitos para postular a esta oferta.

Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese, e saber pronto de ti!

Descrición do posto: Técnico/a de inclusión social

Área: Atención a persoas con diversidade funcional

Lugar de traballo: Centro de Recursos da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira; Vivenda con apoio Ambar (Ribeira)
Requisitos:
Contratación a través das axudas dos Programas de Cooperación:
o   Estar desempregado/a e inscrito/a no Servizo Público de Emprego de Galicia.
o   Estar inscrito como demandante de emprego co código de ocupación 3713.
o   Non ter sido contratado/a por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 2 de maio de 2018, do 9 de maio do 2019, do 12 de setembro de 2019 e do 31 de xullo de 2020.
o   Non ter traballado para Ambar durante máis de tres meses, dentro dos últimos doce meses, ou durante os dous meses anteriores á data de contratación.
Duración: 1 ano, 75% da xornada
Inicio: 20 de decembro de 2021

Sobre o posto de traballo

A persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar en contacto coa persoa con diversidade e coa información aportada polo equipo profesional dotándose de todas as ferramentas para apoiar a autonomía da persoa. Coñece e observa de primeira man os logros que cada día que se acadan no desenvolvemento persoal e profesional.

Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti. 

Misión e obxectivos xerais do posto

A misión deste posto é apoiar o desenvolvemento de actividades que promovan a autonomía, o desenvolvemento persoal e melloren a calidade de vida das persoas usuarias dos Servizos de Atención Diúrna.

Para acadar esta finalidade, o/a profesional levará a cabo os seguintes obxectivos:

  1. Velar pola promoción da autonomía das persoas con diversidade.
  2. Prestar o apoio necesario á persoa con diversidade para levar a cabo accións de promoción de autonomía persoal baseadas no Plan individual de Atención.
  3. Conseguir a satisfacción das persoas usuarias á vez que se logran os obxectivos individuais das mesmas.

Responsabilidades

  1. Deseño e implementación de actividades para a promoción de autonomía baseadas no Plan Individual de Atención da persoa usuaria.
  2. Apoiar á persoa con diversidade, segundo as pautas de apoio especificadas, nas diferentes actividades da vida diaria.
  3. Colaborar na realización de actividades de lecer, de deporte, ou apoio en tarefas como transporte, tarefas en comedor ou vestiarios.
  4. Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización, e calquera outra regulación pola cal se rixa a organización.

Especificacións da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

Formación en atención á diversidade. Valorarase as especialidades que traballan directamente con persoas con diversidade funcional: integración social, educación social, terapeuta ocupacional, etc.

Habilidades e outros

Valorarase positivamente:

Coñecementos de novas tecnoloxías aplicadas á educación.

Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española

Certificado de Manipulador de Alimentos

Carné de conducir tipo B1

Formación en monitor de tempo libre

Como presentarse a esta oferta

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación, onde fales das áreas que aparecen na sección “Especificacións da persoa solicitante” e o teu currículo á seguinte dirección de correo electrónico: correo@asociacionambar.org ou cubre o seguinte formulario, antes do 13 de decembro de 2021.

    * Anexa a Carta de motivación

    * Anexa o Currículo

    Sobre Ambar

    A Asociación Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.

    Para acadar isto, traballamos:

    • prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
    • impulsamos o empoderamento das persoas con diversidade a través da expresión artística e da creatividade,
    • aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna,
    • facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de vivenda con apoio,
    • formamos e promovemos o emprego digno na comarca.

    Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades

    A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).

    Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!