Información sobre protección de datos e consentimento expreso

Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?

  • Identidade: Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional – CIF: G15052434
  • Enderezo postal: Rúa Castelao número 5, CP 15940, A Pobra do Caramiñal
  • Teléfono: 981874480
  • Correo electrónico: administracion@asociacionambar.org

Con que finalidade tratamos os teus datos persoais?

Na Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional tratamos a información que nos facilitan os e as candidatas interesadas co fin de levar a cabo a xestión dos procesos de selección da entidade.

Por canto tempo conservaremos os teus datos?

Os datos persoais proporcionados a través do teu currículo conservaranse durante un período de 1 ano, computado como ano natural.

Cal é a lexitimación para o tratamento dos teus datos?

A base legal para o tratamento dos teus datos é o consentimento que se che solicita, podendo en todo momento retirar dito consentimento a través da dirección de correo electrónico administracion@asociacionambar.org

¿Que tipo de datos tratamos sobre ti? ¿A que destinatarios se comunicarán os teus datos?

Ti consentes expresamente que os teus datos (incluídos os datos de saúde) se traten nos procesos de selección levados a cabo pola entidade.

Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional pode compartir información persoal con aquelas empresas ou colaboradores que son esenciais para realizar o servizo que as persoas usuarias encomendaron, estes colaboradores subscribiron un contrato que garante a confidencialidade e seguridade dos teus datos.

Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se na Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional estamos a tratar datos persoais que lles concirnan, ou non.

As persoas interesadas teñen dereito a acceder ós seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.

En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, nese caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán opoñerse ó tratamento dos seus datos Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional deixará de tratar os datos, salvo por motivos lexítimos imperiosos, ou o exercicio ou a defensa de posibles reclamacións.