Oferta emprego persoa técnico de inclusión social. Asociación Ambar en Ribeira. Envíanos o teu CV a correo@asociacionambar.org

Oferta de emprego (pechada): Técnica/o en inclusión social

Benvido/a e gracias polo teu interese. A continuación atoparás a información sobre este posto laboral. Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese. Tes ata o 16 de decembro para enviar a túa candidatura.

Descrición do posto: Técnica/o en inclusión social


Área: Atención a persoas con diversidade funcional

Lugar de traballo: Centro de Recursos da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira

Duración: Contrato 1 ano, 75% da xornada

Requisitos:
Estar en posesión do título de Integración Social ou outras áreas de apoio  ó traballo e a educación social.

Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 2 de maio de 2018, do 10 de xullo de 2018, do 9 de maio de 2019 e do 12 de setembro de 2019.

Persoas desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Non ter traballado para Ambar durante máis de tres meses, dentro dos últimos doce meses, ou durante os dous meses anteriores á data de contratación.
Grupo de cotización: 4
Código de ocupación: 3713

Misión e obxectivos xerais do posto

A misión deste posto é apoiar o desenvolvemento de actividades que promovan a autonomía, o desenvolvemento persoal e melloren a calidade de vida das persoas con diversidade funcional intelectual.

Responsabilidades

  1. Apoiar á persoa con diversidade, segundo as pautas de apoio especificadas, nas diferentes actividades de inclusión e da vida diaria.
  2. Colaborar no desenvolvemento dos obxectivos individuais da persoa usuaria.
  3. Aportar información relevante sobre as necesidades da persoa usuaria para a elaboración, desenvolvemento e avaliación do Plan Individual de Atención, velando polo seu bo resultado.
  4. Colaborar como membro do equipo na realización de actividades de lecer, de deporte, ou apoio en tarefas como transporte, tarefas en comedor ou vestiarios.
  5. Desenvolver sesións da área ocupacional, en colaboración coa área de artesanía.

Aquelas outras responsabilidades que sexan necesarias para levar a cabo o obxectivo do posto laboral.

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!