Recomendacións para escribir un texto en Lectura Fácil

Que é a lectura fácil?

A lectura fácil é un sistema de lectoescritura adaptado para ser accesible a todas as persoas. Os contidos son resumidos e realizados con unha linguaxe sinxela e clara, de forma que poidan ser entendidos. Hai varios niveis de lectura fácil, incluíndo en ocasións imaxes, debuxos ou pictogramas. 

Este é o logo europeo de lectura fácil. Se ves este logo nunha web, un documento ou un libro quere dicir que está en lectura fácil.

Tips para escribir en lectura fácil?

Estrutura e linguaxe

Expresa só unha idea en cada frase. Se non é posible, podes dividila en liñas colocando un punto onde se fai a pausa.

Era unha caixa.

Ensineille ao rapaz, e expliqueille:

Nesta caixa está o carneiro que queres.

Emprega frases curtas

Volvín debuxar ao carneiro.

Pero ao principiño tampouco lle gustou.

Pon suxeito en todas as oracións. 

Emprega un verbo en cada frase.  

No primeiro vivía un rei.

O rei levaba unha capa moi longa e elegante.

Usa números para os números pequenos (“María ten 2 cans”). Usa números e letras para os números grandes (“Fany ten 1 millón de euros”).

María ten 2 cans.

Fany ten 1 millón de euros.

Usa frases en positivo. Cando empregues frases en negativo teñen que ser sinxelas.  

Emprega sempre a mesma palabra para o mesmo termo/concepto.

Explica de maneira sinxela, se fose necesario, aquelas palabras difíciles de entender (en Lectura Fácil adoitase colocar as definicións dos termos difíciles de entender no marxe da páxina). 

Deseño

  • Emprega letras sen remates (sen *serif): Arial, Helvética, Times New Roman… 
  • É recomendable un tipo de letra grande: 12 puntos (mínimo) ou 14. 
  • O aliñamento ten que ser á esquerda, non empregues nunca texto xustificado! 
  • O espazo entre liñas ten que ser grande (máximo 1.5). 
  • Non empregues maiúsculas nin cursivas para resaltar o texto: utiliza subliñado ou negriña! 
  • O signo de puntuación de referencia será o punto.  
  • Emprega fotografías, pictogramas, gráficos ou símbolos, como apoio ao texto, para facilitar a comprensión. 
  • Os títulos deben ser grandes e claros! Colócaos sempre no mesmo lugar. 

Webgrafía e bibliografía 

El Camino Más Fácil: Directrices Europeas para Generar Información de Fácil Lectura → Asociación Europea ILSMH 

Recomendaciones para redactar o adaptar contenidos a Lectura Fácil → Horregatik Komunikazioa 

Lectura fácil: Métodos de redacción y evaluación → Plena Inclusión  

  

Share your thoughts