Loading cart contents...
Oferta de emprego (pechada): Mestre especialista en diversidade
Benvido/a e gracias polo teu interese. A continuación atoparás a información sobre este posto laboral. Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese. Tes ata o 16 de decembro para enviar a túa candidatura.
Descrición do posto: Mestre especialista en diversidade
Área: Atención a persoas con diversidade funcional | |
Lugar de traballo: Centro de Recursos da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira | |
Duración: Contrato 1 ano, 75% da xornada | |
Requisitos: Estar en posesión do título de Mestre de educación especial, ou especialidades en atención á diversidade. Non ter sido contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 2 de maio de 2018, do 10 de xullo de 2018, do 9 de maio de 2019 e do 12 de setembro de 2019. Persoas desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. Non ter traballado para Ambar durante máis de tres meses, dentro dos últimos doce meses, ou durante os dous meses anteriores á data de contratación. | |
Grupo de cotización: 2 | |
Código de ocupación: 2311 |
Misión e obxectivos xerais do posto
A misión deste posto é apoiar o desenvolvemento de actividades que promovan a autonomía, o desenvolvemento persoal e melloren a calidade de vida das persoas con diversidade funcional intelectual.
Responsabilidades
- Deseño e implementación de actividades para a promoción de autonomía baseadas no Plan Individual de Atención.
- Intervención educativa e estimulación cognitiva para persoas con diversidade intelectual en idade adulta.
- Colaborar no desenvolvemento dos obxectivos individuais da persoa usuaria.
- Aportar información relevante sobre as necesidades da persoa usuaria para a elaboración, desenvolvemento e avaliación do Plan Individual de Atención, velando polo seu bo resultado.
- Colaborar como membro do equipo na realización de actividades de lecer, apoio en tarefas relacionadas coas AVD (actividades da vida diaria) e transporte.
Aquelas outras responsabilidades que sexan necesarias para levar a cabo o obxectivo do posto laboral.
Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!