Oferta de emprego: Psicólogo/a
Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Psicólogo/a.
Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación e o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta.
Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.
Sobre nós
A Asociación Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.
Para acadar isto, traballamos:
- prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
- impulsamos o empoderamento das persoas con diversidade a través da expresión artística e da creatividade,
- aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna,
- facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de vivenda con apoio,
- formamos e promovemos o emprego digno na comarca.
Sobre o posto de traballo
A persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar en contacto coa persoa con diversidade e coa información aportada polo equipo profesional dotándose de todas as ferramentas para apoiar a autonomía da persoa. Coñece e observa de primeira man os logros que cada día se acadan no desenvolvemento persoal e profesional.
Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti.
Descrición do posto: Técnico/a de inclusión social
Área: Atención a persoas con diversidade funcional | |
Lugar de traballo: Centro de Recursos da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira | |
Horario: De luns a venres, horario regular 8.30 – 16.45h | |
Duración: 1 ano, xornada completa, prorrogable | |
Inicio: 9 de xaneiro de 2023 | |
Salario: Segundo XV Convenio de Centros de atención á discapacidade. Grupo II Persoal titulado. Titulado Nivel 2. |
Misión e obxectivos xerais do posto
A misión deste posto é promover o benestar emocional co fin de apoiar o desenvolvemento persoal e mellorar a calidade de vida das persoas usuarias dos Servizos de Atención Diúrna.
Para acadar esta finalidade, o/a profesional levará a cabo os seguintes obxectivos:
- Velar e actuar para benestar emocional das persoas usuarias
- Conseguir a satisfacción das persoas usuarias á vez que se logran os obxectivos individuais das mesmas.
Responsabilidades
- Responsable da elaboración, desenvolvemento e avaliación de programas individuais de atención.
- Realizar sesións individualizadas de atención psicolóxica.
- Detectar e actuar ante necesidades psicolóxicas das persoas usuarias.
- Planificar e implementar sesións grupais en relación coa área de benestar.
- Colaboración en proxectos multidisplinares como é o Edudiversa.
- Prestar apoio para que as persoas con diversidade poidan participar en actividades diarias, como pode ser apoio en actividades da vida diaria ou transporte.
- Traballar en equipo co resto de compañeiros/as para que a persoa con diversidade poida desfrutar do máximo posible das actividades nas que participa.
- Identificar áreas de mellora e facer propostas de accións innovadoras nas áreas de traballo da entidade.
- Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e procedementos da organización.
Requisitos da persoa solicitante do posto
Formación e experiencia
- Formación en psicoloxía e experiencia no traballo con persoas con diversidade funcional.
- Experiencia en formar a outras persoas.
- Coñecemento de escalas e métodos de avaliación aplicadas na diversidade e baseados na prestación de apoios.
- Manexo de medios e programas dixitais para a formación
- Carné de conducir tipo B1
- Bo nivel de galego, tanto na escrita como no oral.
- Valorarase positivamente coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española.
Habilidades:
- Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal.
- Boas habilidades de traballo en equipo e comunicación asertiva.
- Excelente capacidade para a xestión emocional, e capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade.
- Boas habilidades para a resolución de dificultades sempre primando o benestar da persoa usuaria.
- Boas habilidades de comunicación escrita, e sobre todo verbal.
- Coñecemento da diversidade funcional, e os apoios e axustes necesarios para a formación.
- Capacidade de mellora, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados.
Como presentarse a esta oferta
Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo á seguinte dirección de correo electrónico: correo@asociacionambar.org ata o 19 de decembro de 2022.
Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades
A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).
Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!