Formación gratuíta sobre Operacións Auxiliares nas Industrias Alimentarias. Inscricións abertas!

Ambar impatirá unha formación sobre ‘Operacións Auxiliares nas Industrias Alimentarias’ para persoas con diversidade funcional.

A formación é totalmente gratuíta e conta cunha beca de asistencia para todas as persoas participantes e servizo de transporte dispoñible.

Requisitos

  • Ter entre 16 e 30 anos.
  • Ter unha diversidade igual ou superior ao 33%
  • Estar inscrito/ no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

Data, horario e lugar

Data: comeza o 16 de xaneiro e remata o 30 de xuño do 2023

Horario: de mañá

Lugar: Centro de recursos da Asociación Ambar. Lg Granxa Nº 5. Frións Ribeira 

Inscricións

Se queres formalizar a túa inscrición chamanos ó 981 87 44 80 (extensión 5),

ou cubre o seguinte formulario.

Esta formación é posible grazas á financiación da Fundación ONCE concedida na ‘Convocatoria de Axudas económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas Xoves con Discapacidade “Uno a Uno” e enmárcase no Programa de Emprego Xuvenil (POEJ) do Fondo Social Europeo “O FSE inviste no teu futuro.”

Logo Fundación Once Uno a Uno

1 Comments

Join the discussion and tell us your opinion.

Ambar impulsa unha actividade formativa sobre operacións auxiliares no sector alimentario – O Barbanza
27/12/2022 at 19:40

[…] Máis información na web de Ambar. […]