Oferta de emprego: Educador/a en servizo de atención á diversidade.

Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Educador/a en servizo de atención á diversidade. 

Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación e o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta.  

Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.

Sobre nós

A Asociación Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.

Para acadar isto, traballamos:

  • prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
  • impulsamos o empoderamento das persoas con diversidade a través da expresión artística e da creatividade,
  • aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna,
  • facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de vivenda con apoio,
  • formamos e promovemos o emprego digno na comarca.

Sobre o posto de traballo

A persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar en contacto coa persoa con diversidade e coa información aportada polo equipo profesional dotándose de todas as ferramentas para apoiar a autonomía da persoa. Coñece e observa de primeira man os logros que cada día se acadan no desenvolvemento persoal e profesional. 

Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti. 

 

Descrición do posto: Educador/a en servizo de atención á diversidade.

Área: Atención a persoas con diversidade funcional

Lugar de traballo: Centro de Recursos da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira/
Vivenda de apoio, Mirador de Padín, Ribeira.
Horario: De luns a venres de 9-17h. Luns e xoves xornada partida.
Duración: Substitución por maternidade, 6 meses prorrogables.  Xornada completa.
Inicio: 9 de xaneiro de 2023
Salario: Segundo XV Convenio de Centros de atención a discapacidade.  Grupo III Persoal técnico. Técnico Superior Nivel I.

Misión e obxectivos xerais do posto

A misión deste posto é promover e deseñar actividades de inclusión social co fin de apoiar o desenvolvemento persoal e mellorar a calidade de vida das persoas usuarias dos Servizos de Atención Diúrna e do Servizo de Vivenda con Apoio.  

Para acadar esta finalidade, o/a profesional levará a cabo os seguintes obxectivos: 

  1. Velar pola promoción da autonomía das persoas con diversidade en todas as actividades propostas. 
  1. Planificar e velar polo bo desenvolvemento do servizo de Vivenda con Apoio. 
  1. Prestar o apoio necesario á persoa con diversidade para levar a cabo accións de promoción de autonomía persoal baseadas no Plan individual de Atención. 
  1. Conseguir a satisfacción das persoas usuarias á vez que se logran os obxectivos individuais das mesmas. 

Responsabilidades

  1. Planificación, seguimento e avaliación do servizo de vivenda con apoio, coordinando a información cos profesionais deste servizo e co servizo de atención diúrna. 
  1. Elaboración, seguimento e avaliación dos programas individuais do servizo de vivenda con apoio (PIVI) en colaboración co equipo. 
  1. Deseño e implementación de actividades dentro da área de formación para a vida, en relación a habilidades académicas e na comunidade para o cumprimento dos obxectivos do plan individual de cada persoa usuaria. 
  1. Desenvolver o rol de persoa de referencia velando polo benestar das persoas no seu día a día. 
  1. Traballar en equipo co resto de compañeiros/as para que a persoa con diversidade poida desfrutar o máximo posible das actividades nas que participa. 
  1. Prestar apoio para que as persoas con diversidade poidan participar nas accións diarias: actividades deportivas, actividades da vida diaria e transporte. 
  1. Identificar áreas de mellora e facer propostas de accións innovadoras nas áreas de traballo da entidade. 
  1. Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e procedementos da organización. 

Requisitos da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

  1. Formación e experiencia en atención á diversidade, en concreto en servizos de promoción da autonomía como vivendas comunitarias ou fogares residenciais. Valorarase experiencia nas especialidades que traballan directamente con persoas con diversidade funcional: psicopedagoxía, educación social, profesorado especialidade diversidade. 
  1. Experiencia en formar a outras persoas. 
  1. Manexo de medios e programas dixitais para a formación. 
  1. Carné de conducir tipo B1. 
  1. Valorarase positivamente :
  • Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española. 
  • Bo nivel de galego, tanto na escrita como no oral. 
  • Certificado de Manipulador de Alimentos. 
  • Formación en monitor/a de tempo libre ou similar. 

Habilidades:

  1. Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal.
  1. Excelente capacidade para a xestión emocional, e capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade. 
  1. Boas habilidades para a resolución de dificultades sempre primando o benestar da persoa usuaria. 
  1. Boas habilidades de comunicación escrita, e sobre todo verbal. 
  1. Coñecemento da diversidade funcional, e os apoios e axustes necesarios para a formación. 
  1. Capacidade de mellora, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados. 

Como presentarse a esta oferta

Se pensas que esa persoa, poderías ser ti, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo á seguinte dirección de correo electrónico: correo@asociacionambar.orgata o 19 de decembro de 2022

Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!