10 Tips para interactuar con persoas que tartamudean no ámbito escolar

  1. Coñecer e comprender que son as dificultades de fluidez ou a tartamudez. 
  1. Poñer máis atención en “que” digo e non en “como” o digo. 
  1. Dar tempo para falar, manexando os tempos e as quendas de palabra. 
  1. Permitir reducir as intervencións orais ou que só interveñan cando o soliciten. 
  1. Conversar con todo o grupo sobre a importancia de que un discurso sexa a velocidade baixa, suave e respectando as quendas. 
  1. Manexar as burlas: compartir experiencias e abrir debates das diferenzas individuais e o respecto mutuo. 
  1. Realizar máis comentarios e menos preguntas. 
  1. Nunca realizar comentarios do tipo: “para, respira, fala amodo, reláxate”. 
  1. Manter a comunicación non verbal: mirar, asentir, manter e transmitir serenidade. 
  1. Non prestes axuda do tipo: rematar as súas frases, nin permitas que outros o fagan. 

Share your thoughts