A multinacional Clece visita Ambar

Flavia González, técnica de Selección de Persoal de Galicia e Asturias de Clece. Visitou as nosas instalacións. Durante a xornada, compartiu a visión da empresa Clece e aportou consellos sobre os procesos de selección ás persoas usuarias dos proxectos de emprego que está desenvolvendo Ambar.

Flavia González de Clece
Alicia Romero e Milagros Rey de Ambar

Flavia destacou a importancia dunha actitude positiva e resiliente no proceso de busca de emprego, ademais da formación continúa. E sinalou o compromiso de Clece cos procesos inclusivos e cos distintos movementos asociativos

Nesta xornada estiveron: Milagros Rey, presidenta de Ambar; Alicia Romero, coordinadora da área administrativa; Daniel Tojo, orientador laboral; e Ángeles Sampedro, técnica de emprego.

E asistiron as 10 persoas inscritas na formación sobre actividades auxiliares na industria alimentaria, que se está impartindo neste momento na entidade.

Ángeles Sampedro, técnica de emprego de Ambar

Con esta xornada, Ambar da comezou a un ciclo de conferencias con distintas empresas, que aportarán a súa experiencia e coñecementos ás persoas con diversidade funcional vinculadas ó proxecto de emprego de Ambar coa Fundación ONCE.

Esta formación é posible grazas á financiación da Fundación ONCE concedida na ‘Convocatoria de Axudas económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas Xoves con Discapacidade “Uno a Uno” e enmárcase no Programa de Emprego Xuvenil (POEJ) do Fondo Social Europeo “O FSE inviste no teu futuro.”

Logo Fundación Once Uno a Uno
Logo Unión Europea Fondo Social Europeo Iniciativa de Emprego Xuvenil El FSE inviste no teu futuro