Oferta de emprego: Profesional de apoio a persoas con diversidade 

Benvido/a e grazas polo teu interese no posto de Profesional de apoio a persoas con diversidade . Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación, e os requisitos para postular a esta oferta.

Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.

Descrición do posto: Profesional de apoio a persoas con diversidade


Área: Servizos de Atención Diúrna Dependente de Coordinación dos Servizos de Atención Diúrna 

Lugar de traballo: Centro de Recursos Ambar da Barbanza (Frións – Ribeira)

Duración: 5 meses (prorrogable)
Inicio: Incorporación en marzo. 20 horas semanais (ampliables).
Salario base: Grupo III do XV Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade. 

Sobre o posto de traballo

A persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar en contacto coa persoa con diversidade e coa información aportada polo equipo profesional dotándose de todas as ferramentas para apoiar a autonomía persoal da persoa. Coñece e observa de primeira man os logros que cada día se acadan no desenvolvemento persoal e profesional. 

Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti. 

Misión e obxectivos do posto

A misión deste posto é reforzar ao equipo neste contexto no que existen altas posibilidades de baixas motivadas pola Covid-19 ou outras necesidades que se poidan presentar; no obxeto de apoiar o desenvolvemento de actividades que promovan a autonomía, o desenvolvemento persoal e melloren a calidade de vidas persoas usuarias dos Servizos de Atención Diúrna.  

Para acadar esta finalidade, o/a profesional de apoio levará a cabo os seguintes obxectivos: 

  1. Prestar o apoio necesario á persoa con diversidade para levar a cabo accións deseñadas no Plan Individual de Atención, nos Servizos de Atención Diúrna. 
  1. Conseguir a satisfacción das persoas usuarias á vez que se logran os obxectivos individuais das mesmas. 

Responsabilidades

  1. Apoiar á persoa con diversidade, segundo as pautas de apoio específicas, en distintas actividades (AVD, lecer,…). 
  1. Realizar seguimento e comunicación das accións. 
  1. Realizar o transporte adaptado da persoa usuaria dende o fogar ao servizo de atención diúrna. 
  1. Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización. 

Especificacións da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

  1. Formación en atención á diversidade. Valorarase as especialidades que traballan directamente con persoas con diversidade funcional: atención sociosanitaria, integración social, ou outras relacionadas. 
  1. Carné de conducir tipo B1. 
  1. Certificado de manipulador de alimentos. 
  1. Dispoñibilidade horaria. 
  1. Formación en monitor de tempo libre, valorarase positivamente. 
  1. Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española, valorarase positivamente.  
  1. Experiencia de traballo con persoas con diversidade valorarase positivamente. 

Habilidades e outros

  1. Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal 
  1. Excelente capacidade para a xestión emocional,  e capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade. 
  1. Boas habilidades para a resolución de dificultades sempre primando o benestar da persoa usuaria 
  1. Coñecemento da diversidade funcional, e os apoios e axustes necesarios para a formación. 
  1. Capacidade de mellora, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados. 
  1. Coñecemento ou intereses persoais por áreas artísticas como a música, danza, teatro valorarase positivamente. 

Como presentarse a esta oferta

Se estás interesado/a en postular á esta oferta, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo a través do seguinte formulario.

Na carta de motivación, identifica ben “as especificacións da persoa solicitante”, xa que son necesarias para poder valorar a túa candidatura.

O prazo para enviar a túa candidatura é ata o venres 25 de febreiro.

    * Anexa a Carta de motivación

    * Anexa o Currículo

    Sobre Ambar

    A Asociación Ambar  das Persoas con Diversidade Funcional é a asociación pioneira na comarca da Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.

    Para acadar isto, traballamos:

    • prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
    • impulsamos o empoderamento a través da expresión artística e da creatividade,
    • aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros dos Servizos de Atención Diúrna,
    • facilitamos a vida independente dentro da comunidade,
    • formamos e promovemos o emprego digno.

    Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti. 

    Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades

    A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).

    Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!

    1 Comments

    Join the discussion and tell us your opinion.

    Emprego Ambar: Ofertas de emprego do 24 de febreiro do 2022 – Asociación Ambar
    24/02/2022 at 11:36

    […] Profesional de apoio para centro de persoas con diversidade. Formulario de inscrición […]