Ambar contará cun espazo no Viveiro de Empresas de Ribeira

Dende esta semana contaremos cun espazo no Viveiro de Empresas de Ribeira. Nel, a área de emprego de Ambar desenvolverá varios proxectos de inclusión socio laboral.

Ángeles Sampedro, tecnica de empreo na oficina de Ambar no Viveiro de Empresas de Ribeira


Con esta acción, Ambar impulsa a súa área de emprego para dotar dunha atención máis centralizada na comarca ás persoas beneficiarias dos proxectos de emprego que se están desenvolvendo. Nos vindeiros días a entidade anunciará novos proxectos que tamén se beneficiarán deste espazo.

Ángeles Sampedro, técnica de emprego da asociación. Será a encargada de prestar os servizos de asesoramento e sesións individualizadas vinculadas a estes proxectos.

Ademais de contar cunha oficina propia no Viveiro de Empresas de Ribeira, Ambar estará presente noutros espazos das distintas localidades da comarca

40 anos, impulsando talentos diversos

Dende os seus comezos Ambar tivo como obxectivo favorecer a inclusión laboral das persoas con diversidade funcional. Tanto no antigo Centro Ocupacional de Xarás como no que conta na actualidade en Frións, impartíronse distintas formacións no eido artesanal que facilitaron novas oportunidades laborais ás persoas participantes. 2006 foi a data na que se levou a cabo a primeira formación en toda Galicia sobre asistencia persoal. Nos últimos anos Ambar lanzou o proxecto iWork de emprego inclusivo, pioneiro en toda España, que impulsa unha cultura empresarial innovadora.

Na actualidade, estanse desenvolvendo varios proxectos e servizos de emprego entre os que se atopan, o servizo de orientación laboral da entidade; as formacións sobre industria alimentaria e comercio, financiadas pola Fundación Once; as conferencias con empresas inclusivas; e agora a incorporación ó Viveiro de empresas de Ribeira.