Javier Pérez da Nosa Arousa S.L. visita Ambar
Hoxe Javier Pérez xerente da empresa Nosa Arousa S.L., visitou as nosas instalacións. Durante a xornada compartiu a súa traxectoria persoal coas persoas participantes, falou de como naceu Nosa Arousa, a súa filosofía e ética de traballo. E aportou consellos e as nocións necesarias para desempeñar un posto de traballo. Ademais de impulsar as persoas alí presentes a seguir loitando por oportunidades laborais.
Conservas Nosa Arousa é unha empresa comprometida co produto galego onde mestura tradición, materia prima e calidade. A súa produción basease en edicións limitadas e entre os seus produtos destacan os mexillóns, xoubas, berberechos e ventresca de atún. No 2021, foi galardoado co Premio de Ouro na Cata Transfronteiriza. Conta con oficinas en Ribeira e a conserva elabórase no Polígono da Pobra do Caramiñal.
Á xornada asistiron os e as alumnas das formacións sobre industria alimentaria e comercio que Ambar esta impartindo nas súas instalacións.
Tamén estiveron presentes en representación de Ambar: Milagros Rey, presidenta de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral; e Ángeles Sampedro, técnica de emprego; Raquel Riveiro e Inés Abad docentes das formacións.
Esto é posible grazas á financiación da Fundación Once, no programa “Uno a Uno” tanto do Programa de Emprego Xove POEJ e como do Programa de Emprego Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES cofinanciados polo Fondo Social Europeo