Oferta de emprego: Profesional de apoio á inclusión (pechada)
Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Profesional de apoio a persoa con diversidade. Este documento inclúe información sobre este posto laboral, a asociación, e os requisitos para postular a esta oferta.
Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.
Descrición do posto: Profesional de apoio á inclusión
Área: Servizos de Atención Diúrna. Dependente de Coordinación dos Servizos de Atención Diúrna | |
Lugar de traballo: Centro de Recursos Ambar da Barbanza (Frións – Ribeira) | |
Duración: 4 meses (prorrogable) | |
Inicio: Incorporación inmediata. 30 horas semanais (ampliables) | |
Sobre o posto de traballo
A persoa que desenvolve este posto ten a vantaxe de estar en contacto coa persoa con diversidade e coa información aportada polo equipo profesional dotándose de todas as ferramentas para apoiar a autonomía persoal da persoa. Coñece e observa de primeira man os logros que cada día se acadan no desenvolvemento persoal e profesional.
Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti.
Misión e obxectivos do posto
A misión deste posto é apoiar o desenvolvemento de actividades que promovan a autonomía, o desenvolvemento persoal e melloren a calidade de vidas persoas usuarias dos Servizos de Atención Diúrna.
Para acadar esta finalidade, o/a profesional de apoio levará a cabo os seguintes obxectivos:
- Prestar o apoio necesario á persoa con diversidade para levar a cabo accións de estimulación deseñadas Plan Individual de Atención, nos Servizos de Atención Diúrna.
- Conseguir a satisfacción das persoas usuarias á vez que se logran os obxectivos individuais das mesmas.
Responsabilidades
- Apoiar á persoa con diversidade, segundo as pautas de apoio específicas.
- Realizar seguimento e comunicación das accións.
- Realizar o transporte adaptado da persoa usuaria dende o fogar ao servizo de atención diúrna.
- Levar a cabo os deberes e responsabilidades deste posto en conformidade cos valores, normas e protocolos da organización.
Especificacións da persoa solicitante do posto
Formación e experiencia
- Formación en ámbito sociosanitario en atención a persoas con diversidade.
- Carné de conducir tipo B1.
- Experiencia de traballo con persoas con diversidade valorarase positivamente.
- Formación en monitor de tempo libre, valorarase positivamente.
- Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española, valorarase positivamente.
Habilidades e outros
- Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal
- Excelente capacidade para a xestión emocional, e capacidade para afrontar situacións e contratempos con serenidade.
- Boas habilidades para a resolución de dificultades sempre primando o benestar da persoa usuaria
- Coñecemento da diversidade funcional, e os apoios e axustes necesarios para a formación.
- Capacidade de mellora, ir sempre máis alá, e intentar mellorar proxectos e resultados.
- Coñecemento ou intereses persoais por áreas artísticas como a música, danza, teatro valorarase positivamente.
Como presentarse a esta oferta
Se estás interesado/a en postular á esta oferta, envíanos unha carta de motivación e o teu currículo a través do formulario web da https://asociacionambar.org/traballa-con-nos:
Na carta de motivación, identifica ben “as especificacións da persoa solicitante”, xa que son necesarias para poder valorar a túa candidatura.
O prazo para enviar a túa candidatura é ata o martes 7 de setembro.
Sobre Ambar
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional é a asociación pioneira na comarca da Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.
Para acadar isto, traballamos:
- prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
- impulsamos o apoderamento a través da expresión artística e da creatividade,
- aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros dos Servizos de Atención Diúrna,
- facilitamos a vida independente dentro da comunidade,
- formamos e promovemos o emprego digno.
Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti.
Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades
A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).
Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!