Formación en Industria Alimentaria: Acto final de curso e entrega de diplomas.
O alumnado da formación sobre Industrias Alimentarias impartida en Ambar celebrou o acto de fin de curso.
Durante 6 meses e 340 horas de formación, 220 h. teóricas e 120 h. prácticas, o alumnado tivo a oportunidade de formarse no sector das Industrias Alimentarias, realizando a súa formación práctica nos supermercados Gadis, Eroski e Dia, adquirindo as competencias necesarias para sacar o maior proveito desta formación.
Nese período tamén tiveron a oportunidade de traballar as súas competencias para busca activa de emprego co orientador laboral así coma nas charlas impartidas por Adriana Rego do Grupo Cycle ou con Gonzalo Triñanes de Suministros Industriales Triñanes.
Os alumnos e alumnas desta formación tamén tiveron a oportunidade de achegarse a outros sectores como a restauración, a través da charla con Miguel Mosteiro de Gastro Lab Arousa, comprender como funciona a industria alimentaria da man de Juan Carlos Rama, director de RRHH de Corporación Empresarial Congalsa, e o sector dos eventos con Melisa Cespón, encargada de compras e azafata en Chicolino Restauración.
Este curso está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), a través da Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade das Persoas Xóvenes con Discapacidade POEJ “Uno a Uno” – Año 2022 – 2023 impulsada pola Fundación ONCE.
É unha acción enmarcada no obxetivo temático 8: Promover a sostibilidade e acalidade no emprego e favorecer a movilidade laboral. Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competenzas profesionais das persoas xóvenes non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.
O FSE inviste no teu futuro.