Fe Meitín do Grupo Tragsa da unha conferencia en Ambar
Fe Meitín, Xerente de Persoas da Unidade Territorial de Galicia, Asturias e Cantabria do Grupo Tragsa deu hoxe unha charla online ó alumnado das formacións de comercio e industria alimentaria que estamos impartindo nas nosas instalacións.
Durante a xornada, compartiu a visión e o recorrido do Grupo Tragsa cara procesos máis inclusivos. O Grupo Tragsa divídese en 5 unidades territoriais en toda España con presenza en todas as provincias. Está integrado por Tragsa e Tragsater e o seu obxectivo é velar polo medio rural e pola conservación da natureza.
Tamén estiveron en representación de Ambar: Alicia Romero, responsable da área administrativa de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral; e Ángeles Sampedro, técnica de emprego. E a dúas docentes das formación Raquel Riveiro e Irene Paz
Esta é a 3ª xornada dun ciclo de conferencias con empresas ó que xa asistiron representantes da empresa Clece e da cooperativa Covirán.
Esto é posible grazas á financiación da Fundación Once, no programa “Uno a Uno” tanto do Programa de Emprego Xove POEJ e como do Programa de Emprego Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES cofinanciados polo Fondo Social Europeo