Entrega de diplomas da formación de Comercio impartida na Asociación Ambar
A finais do mes de setembro, o alumnado de “Actividades Auxiliares de Comercio, Almacén y Reparto a Domicilio”, formación impartida en Ambar, chegou ao remate da fase práctica do curso. Este venres 6 de outubro, Juan Gabriel, Ismael, Jorge, Araceli, María Elena, Antonio e Rubén recibiron o diploma da formación xa que remataron as dúas fases con éxito.
A formacións constou de 320 horas, das cales 120 horas foron de formación práctica en empresas da comarca. Foi unha experiencia enriquecedora que mellorou moito as súas competencias laborais en sectores estratéxicos da nosa comarca.
Durante o evento contaron ca presenza de Cruz Rivadulla, Concelleira de Educación, formación e diversidade; Antía C. Mondelo, xefa do Departamento de Loxística de Congalsa ; Ángela Neu, técnico de RRHH de Congalsa; Beatriz Gallego, responsable de Inserta Galicia; Sandra Mugico, orientadora de Inserta Galicia. Tamén estiveron presentes profesionais de Ambar como Helena Teira, coordinadora xeral; Alicia Romero, secretaria da Asociación; Jessica Estévez e Daniel Tojo, responsables da área de emprego e Jaime Capilla, coordinador da formación.
Dende Ambar agradeceron a colaboración das empresas da comarca que abriron as súas portas para acoller ao alumnado e aportarlles unha formación práctica: Triñanes e Hijos Suministros Industriales, A Poutada, Congalsa, Frinsa, Lolita Multimarca, Miss-Tic e Suministros Barbanza.
Durante a xornada realizouse unha mesa redonda na que as representates da Fundación ONCE, as empresas, e a concelleira de Educación debateron sobre os retos futuros e os aspectos claves para ter éxito na procura de traballo e para a empregabilidade.
Este curso está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE), a través da “Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” – POISES – Año 2022 /23″ impulsada pola Fundación ONCE.
Esta actuación enmárcase dentro do Obxectivo Temático 9, Prioridade de Inversión 9.1. Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.
O FSE inviste no teu futuro.