O Calendario Solidario é unha iniciativa nacida no 2015 que celebra o cine con valores sociais. Na que personificamos películas do cine español emulando en cada mes do ano unha portada de película.
Calendario Solidario 2022
40 anos de cine. 40 anos de Ambar!
Edición Conmemorativa do 40 aniversario
Ambar naceu no 1982 para agrupar os esforzos de loita pola defensa dos dereitos das persoas con diversidade funcional. No 2022 cumprimos 40 anos e queremos celebralo por todo o alto!
Un calendario de película
Dentro do panorama nacional, o noso calendario é o único que representa carteis de películas de cine español, a través dun traballo minucioso de caracterización, vestiario e deseño.
Puntos de venta física
Se aínda non te fixeches co teu calendario poderás adquirilo nos seguintes puntos de venta. Na Pobra, Sport Maniotas e LuscoFusco; en Ribeira, Academia Yara e Asociación Contra o Cancro; en Boiro, Panadería Susi; en Rianxo, Peluqueria Silvia Noya; e en Portosín, Kiosko Etnias.
Grazas a ti:
O calendario ten un coste de 7€ na súa versión de parede e 3€ de mesa. Coa recadación obtida, Ambar impulsará proxectos que melloren a autonomía e calidade de vida das persoas con divesidade funcional.