Así foi a 9ª Carreira pola Diversidade
O domingo 9 de xullo celebrouse a 9ª Carreira pola Diversidade. Contámosche como foi e os resultados que obtuvemos grazas a todas as persoas participantes, voluntarias, público e empresas colaboradoras 🙂
Máis de 70 persoas participaron na modalidade de andaina, 90 cativos participaron nas modalidades infantís e arredor de 130 persoas participaron na proba absoluta. Foron un total de 292 persoas inscritas. Grazas a elas e ás que nos apoiaron mediante o dorsal 0 recadáronse arredor de 9000€ que se destinarán a renovar e completar o material do noso ximnasio no Centro de Recursos.
Por último gustaríanos agradecer de novo a todas as persoas que amosaron o seu apoio a través da redes, ao Concello de Ribeira e todas as empresas colaboradoras: Ramiro Carregal, Congalsa, Conresa, Tarrio&Suárez, Serdeco, Neumáticos Soto, Boiresa, Clínica Dental Rebeca Ozores, Forxa Galega, Grupo Outeiral, Pescados Lijó, García Sánchez, Eclipse, Fariña Bretal, Muebles Muñiz, Dismac e Gadis.