As paisaxes de Camille. Acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero no rural. Do 5 ó 14 de novembro en: A Rúa - A Estrada - O Pino - Noia - Mondoñedo

‘As paisaxes de Camille’ Acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero

Este venres 5 de novembro ás 20h no Centro Cultural Avenida do Concello A Rúa estaremos presentando a primeira actuación da acción artística ‘As paisaxes de Camille’, unha peza de artes escénicas enmarcada nas actividades que Ambar realizará para conmemorar o día da loita contra a violencia de xénero.

‘As paisaxes de Camille’ é unha peza escénica contemporánea que explora a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida de Camille Claudel con poemas paisaxísticos, coreografías e humor onírico. 

A Rúa será a primeira parada dunha xira que contará inicialmente con 5 concellos da contorna galega vinculados ó Camiño de Santiago: A Rúa, A Estrada, O Pino, Noia e Mondoñedo

Esta acción enmarcase no Pacto do Estado contra a violencia de xénero e está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

A Rúa

Data, horario e lugar:

Venres 5 de novembro ás 20h

Centro Cultural Avenida: Rúa do Progreso, 90, 32350 A Rúa, Ourense

Elenco:

Esta peza producida por Ambar, conta coa dirección artística da creadora escénica, poeta e dramaturga Helena Salgueiro de ABAR. Xunto co grupo de artes escénicas de Ambar composto integramente por mulleres con diversidade funcional: Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Olaia Pérez,  Montse Queiruga e Mercedes Río que escenificarán a peza.

Máis info:

Entrada de balde

Próximas datas

A estrada

Mércores, 10 de novembro ás 13h

Teatro Principal: Rúa Serafín Pazo, 36680 A Estrada, Pontevedra

O Pino

Xoves, 11 de novembro ás 13h

Centro Sociocultural O Pino: Rúa Peregrino, 10, 15821 O Pedrouzo, A Coruña

Noia

Venres. 12 de novembro ás 20:30h

Coliseo Noela: Rúa Curro, 0, 15200 Noia, A Coruña

Mondoñedo

Domingo, 14 de novembro ás 18h

Auditorio municipal de Mondoñedo “Pascual Veiga”: Carretera Maariz, 5, 27740 Mondoñedo, Lugo

Se queres colaborar con algún dos nosos proxectos en materia de igualdade ou solicitar máis información sobre o noso grupo de artes escénicas cubre o seguinte formulario.

Erro: Formulario de contacto non atopado.