Formación: ‘Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria’
Esta formación está destinada a ocupación de persoal de almacén, carretilleiro ou carretilleira, auxiliares e operarios da industria alimentaria. É totalmente gratuita e conta cunha beca de asistencia de 9 euros ó día na fase teórica.
Sobre a formación
Grupo e requisitos
Máximo 10 persoas
Ter unha idade comprendida entre os 16 e 30 anos
Estar inscrita ou inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
Ter unha unha divesidade recoñecida igual ou superior ó 33%
Para obter a titulación hai que asistir ao 85% do curso.
Data, duración e lugar
Data: Comeza o 17 de xaneiro de 2022
- Horario: de luns a venres de 10 a 14h
Duración: Un total de 340 horas:
- 220 formación teórica
- 120 formación práctica nunha empresa
Lugar: Centro de recursos da Asociación Ambar. Lg Granxa Nº 5. Frións Ribeira
Inscricións
Se queres formalizar xa a túa inscrición chamanos directamente ó 981 87 44 80 ou cubre o seguinte formulario:
Erro: Formulario de contacto non atopado.
Esta formación é posible grazas á financiación da Fundación ONCE concedida na ‘Convocatoria de Axudas económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas Xoves con Discapacidade “Uno a Uno” e enmárcase no Programa de Emprego Xuvenil (POEJ) do Fondo Social Europeo “O FSE inviste no teu futuro.”
1 Comments
Join the discussion and tell us your opinion.
[…] • Ou a través da ligazón específica da asociación. […]