Volve a Carreira pola Diversidade

A Asociación Ambar organiza a VIII Carreira pola Diversidade que se celebrará, de maneira presencial, o día 10 de xullo no Concello de Ribeira. Trátase dunha proba con circuíto urbano que sairá dende a explanada de Coroso, ás 10:00h. 

Paralelamente, as persoas que non queiran participar en ningunha das probas competitivas poderán participar de maneira individual, en familia, entidade ou grupo inclusivo na Andaina virtual, cuxo percorrido será libre e poderá realizarse durante toda a fin de semana (dende o 8 ao 10 de xullo).

Información

Inscrición

A cota de inscrición é de 6€.

Pode facerse na páxina web de Cronotec.

Tamén existe a posibilidade de facer a inscrición do Dorsal 0 para todas aquelas persoas que queiran colaborar coa entidade sen participar na carreira.

A data límite de inscrición será o día 7 de xullo ás 23:59 h. ou ata completar o número de participantes permitidos.

 

1 Comments

Join the discussion and tell us your opinion.

Ambar fai un chamamento a participar na VIII Carreira pola Diversidade – O Barbanza
06/07/2022 at 14:36

[…] presidenta da Asociación Ambar das persoas con Diversidade Funcional, presentou os detalles da oitava edición da Carreira pola Diversidade. Fíxoo na compaña de Mari Carmen González, profesional de Ambar; Joserra Figueira, responsábel […]