Volve a Carreira pola Diversidade
A Asociación Ambar organiza a VIII Carreira pola Diversidade que se celebrará, de maneira presencial, o día 10 de xullo no Concello de Ribeira. Trátase dunha proba con circuíto urbano que sairá dende a explanada de Coroso, ás 10:00h.
Paralelamente, as persoas que non queiran participar en ningunha das probas competitivas poderán participar de maneira individual, en familia, entidade ou grupo inclusivo na Andaina virtual, cuxo percorrido será libre e poderá realizarse durante toda a fin de semana (dende o 8 ao 10 de xullo).
Información

Inscrición
A cota de inscrición é de 6€.
Pode facerse na páxina web de Cronotec.
Tamén existe a posibilidade de facer a inscrición do Dorsal 0 para todas aquelas persoas que queiran colaborar coa entidade sen participar na carreira.
A data límite de inscrición será o día 7 de xullo ás 23:59 h. ou ata completar o número de participantes permitidos.
1 Comment
Join the discussion and tell us your opinion.
[…] presidenta da Asociación Ambar das persoas con Diversidade Funcional, presentou os detalles da oitava edición da Carreira pola Diversidade. Fíxoo na compaña de Mari Carmen González, profesional de Ambar; Joserra Figueira, responsábel […]