Oferta de emprego: Logopeda

Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Logopeda. Este artigo inclúe información sobre este posto, a asociación, o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta. Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.

Descrición do posto: Logopeda


Área: Servizos de Atención Diúrna

Lugar de traballo: Centro de Recursos da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira

Duración: Substitución permiso maternidade, previsión 8 meses 30 horas semanais 

Inicio: 03 de outubro de 2022 

Salario base: Titulado nivel 1 (Grupo III), do XV Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade

Sobre o posto de traballo

A Asociación Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.

Para acadar isto…

– prestamos apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,

– impulsamos o empoderamento das persoas con diversidade a través da expresión artística e da creatividade,

– aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna,

– facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de vivenda con apoio,

– formamos e promovemos o emprego inclusivo na comarca.

Obxectivos do posto

O obxectivo deste posto é mellorar os procesos de comunicación e as funcións orais non verbais das persoas con diversidade mellorando así a súa calidade de vida.

Responsabilidades

1. Avaliar, diagnosticar, rehabilitar ou previr os trastornos de comunicación e das funcións orais non verbais, segundo os plans individuais de atención.

2. Participar na elaboración, execución e avaliación de programas individuais de atención como membro dun equipo multidisplinar.

3. Participar na elaboración, execución e avaliación de proxectos de educación e saúde como membro dun equipo multidisciplilnar.

4. Aquelas outras responsabilidades que sexan necesarias para levar a cabo o obxectivo do posto laboral, ou encomendadas pola coordinación do servizo.


Especificacións da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

1. Titulación de grao ou diplomatura en Logopedia.

2. Formación específica de Máster ou cursos en materias relacionadas co posto ofertado, valorarase positivamente.

3. Coñecementos de novas tecnoloxías aplicadas á estimulación da comunicación.

4. Experiencia en atención á diversidade, valorarase positivamente.

5. Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española, valorarase positivamente.

6. Experiencia na avaliación de necesidades e elaboración de informes, valorarase positivamente.

 

Habilidades e outros

7. Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal.

8. Capacidade de traballo en equipo.

9. Boas habilidades de comunicación escrita e verbal, en galego (lingua preferente) e castelán.

10. Proactividade e iniciativa na creación e implementación de proxectos, incluíndo elaboración de informes e xustificacións.

11. Capacidade de mellora continua, ir sempre máis alá, e intentar mellorar resultados.

 

Como presentarse a esta oferta

Se estás interesado/a en postular á esta oferta podes facelo a través do seguinte formulario. Envíanos o teu CV e unha carta de motivación identificando ben “as especificacións da persoa solicitante”, xa que son necesarias para poder valorar a túa candidatura.

O prazo para enviar a túa candidatura é ata mércores 28 de setembro.

    * Anexa a Carta de motivación

    * Anexa o Currículo

    Sobre Ambar

    A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional é a asociación pioneira na comarca da Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.

    Para acadar isto, traballamos:

    • prestando apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
    • impulsamos o empoderamento a través da expresión artística e da creatividade,
    • aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros dos Servizos de Atención Diúrna,
    • facilitamos a vida independente dentro da comunidade,
    • formamos e promovemos o emprego digno.

    Se es unha persoa con ilusión por dar valor á diversidade, este traballo é para ti. 

    Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades

    A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).

    Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!