POLÍTICA DE PRIVACIDADE

A seguinte política de privacidade ten como finalidade informarte sobre como usamos a túa información persoal de acordo coas disposicións e requisitos do Regulamento Xeral Europeo de Protección de Datos.

Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?
Identidade: ASOCIACIÓN AMBAR DAS PERSOAS COA DIVERSIDADE FUNCIONAL
NIF: G-15.052.434
Enderezo postal: rúa Castelao número 5, CP 15940, na Pobra do Caramiñal, A Coruña.
Teléfono: 981874480
Correo electrónico: administracion@asociacionambar.org
Delegado de Protección de Datos de Identidade: LHL Consultores
Correo electrónico: dpd@lhlconsultores.com

Con que finalidade tratamos os teus datos persoais?
Os datos persoais recollidos serán tratados para xestionar a subscrición á newsletter realizada a través da canle facilitada na páxina web da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional. Así mesmo, informámoslle que a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional non levará a cabo toma de decisións automatizadas en relación aos datos persoais facilitados.

Canto tempo conservaremos os teus datos?
Conservaremos os datos facilitados para a subscrición ao boletín ata que o usuario solicite a súa cancelación á Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, opoñéndose ou revogando o seu consentimento.

Cal é a lexitimidade para o tratamento dos teus datos?
A lexitimidade para o tratamento dos seus datos é o consentimento explícito e inequívoco que nos presta ao aceptar a política de privacidade.

A que destinatarios se lles comunicarán os seus datos?
Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional non comunicará os datos persoais do interesado salvo naquelas ocasións nas que exista a obriga legal de ceder os datos á Administración competente na materia. Non obstante, a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional poderá compartir información persoal con aquelas empresas ou colaboradores imprescindibles para o envío do boletín, estes colaboradores asinaron un contrato que garante a confidencialidade e seguridade dos seus datos. Non hai plans para realizar transferencias internacionais dos seus datos persoais a terceiros países.

Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?
Segundo o disposto no RGPD pode solicitar:
Dereito de acceso: solicitar información sobre os datos persoais dos que dispoñemos.
Dereito de rectificación: comunicar calquera modificación dos seus datos persoais.
Dereito á supresión e ao esquecemento: solicitar a eliminación despois de bloquear os datos persoais.
Dereito a limitar o tratamento: restrinxir o tratamento dos datos persoais.
Dereito de oposición: pode retirar o seu consentimento ao tratamento dos datos, opoñéndose ao seu posterior tratamento.
Dereito á portabilidade: solicitar unha copia dos datos persoais nun formato estruturado, de uso habitual e lexible por máquina para a súa transmisión a outro responsable.
Dereito a non ser obxecto de decisións automatizadas: solicitar que non se adopten decisións que se baseen unicamente en tratamentos automatizados, incluída a elaboración de perfís, que produzan efectos legais ou afecten significativamente ao interesado.
Dereito a retirar o seu consentimento: en calquera momento sen que isto anule a lexitimidade dos tratamentos que se realizaron desde o momento en que se outorgou o consentimento ata que o retirou.

Por iso, Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional infórmalle de que, en calquera momento e de xeito gratuíto, pode exercer os citados dereitos solicitando os correspondentes modelos por correo electrónico ou no enderezo indicado no punto primeiro deste documento Política de Privacidade.

Cada solicitude de exercicio de dereitos que nos presente deberá conter no asunto a referencia “Exercer dereitos RGPD” e incluír os seguintes datos: nome e apelidos, enderezo para efectos de notificación, fotocopia do DNI ou Pasaporte, e solicitude específica que se solicita. No caso de actuar en representación doutra persoa, deberá achegarse documento que acredite fidedignamente a representación realizada. Tamén podes contactar co noso delegado de protección de datos Computer-3, S.L.U en dpd@lhlconsultores.com

Se considera que algún dos dereitos mencionados non foi respectado, terá dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. (https://www.agpd.es/portalwebAGPD/index-ides-idphp.php).