Oferta de emprego: Logopeda (pechada)

Benvido/a e gracias polo teu interese no posto de Logopeda. Este artigo inclúe información sobre este posto, a asociación, o que facemos, e os requisitos para postular a esta oferta. Esperamos que esta información che axude a decidir se este posto é do teu interese.

Descrición do posto: Logopeda


Área: Servizos de Atención Diúrna

Lugar de traballo: Centro de Recursos da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira

Duración: 12 meses, prorrogable. 30 horas semanais
Inicio: 1 de setembro de 2021
Salario base: Titulado nivel 1 (Grupo III), do XV Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade

Obxectivos do posto

O obxectivo deste posto é mellorar os procesos de comunicación e as funcións orais non verbais das persoas con diversidade mellorando así a súa calidade de vida.

Responsabilidades

  1. Avaliar, diagnosticar, rehabilitar ou previr os trastornos de comunicación e das funcións orais non verbais, segundo os plans individuais de atención.
  2. Participar na elaboración, execución e avaliación de programas individuais de atención como membro dun equipo multidisciplinar.
  3. Participar na elaboración, execución e avaliación de proxectos de educación e saúde como membro dun equipo multidisciplinar.
  4. Aquelas outras responsabilidades que sexan necesarias para levar a cabo o obxectivo do posto laboral, ou encomendadas pola coordinación do servizo.

Especificacións da persoa solicitante do posto

Formación e experiencia

  1. Titulación de grao ou diplomatura en Logopedia.
  2. Formación específica de Máster ou cursos en materias relacionadas co posto ofertado, valorarase positivamente.
  3. Coñecementos de novas tecnoloxías aplicadas á estimulación da comunicación.
  4. Experiencia en atención á diversidade, valorarase positivamente.
  5. Coñecemento e emprego da Lingua de Signos Española, valorarase positivamente.
  6. Experiencia na avaliación de necesidades e elaboración de informes, valorarase positivamente.

Habilidades e outros

  • Excelentes habilidades de empatía, comprensión da información verbal e non verbal.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Boas habilidades de comunicación escrita e verbal, en galego (lingua preferente) e castelán.
  • Proactividade e iniciativa na creación e implementación de proxectos, incluíndo elaboración de informes e xustificacións.
  • Capacidade de mellora continua, ir sempre máis alá, e intentar mellorar resultados.

Como presentarse a esta oferta

Se estás interesado/a en postular á seguinte oferta, envíanos a correo@asociacionambar.org unha carta de motivación e o teu currículo. Na carta de motivación, identifica ben “as especificacións da persoa solicitante” que aparecen neste artigo, xa que son necesarias para poder valorar a túa candidatura.

Sobre Ambar

A Asociación Ambar é a asociación pioneira no Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.

Para acadar isto…

  • prestamos apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
  • impulsamos o apoderamento das persoas con diversidade a través da expresión artística e da creatividade,
  • aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna,
  • facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de vivenda con apoio,
  • formamos e promovemos o emprego inclusivo na comarca.

Comprometidas e comprometidos pola igualdade de oportunidades

A Asociación Ambar é unha organización que celebra a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral. Se necesitas información accesible noutros formatos non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 875 475 ou 607 356 550 (WhatsApp).

Moitas grazas e esperamos saber pronto de ti!