As inscricións da XII Carreira pola Diversidade de Ambar estarán abertas ata o 5 de maio
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade confirma oficialmente a celebración da duodécima edición da Carreira pola Diversidade, que terá lugar o domingo 10 de maio ás 10:00 h na Explanada de Coroso, en Ribeira. Tras o éxito de anos anteriores, a cita consolídase como un referente non só no eido deportivo, senón como un espazo de celebración e convivencia pola inclusión.
Unha experiencia transformadora
A gran novidade deste ano reside no enfoque da experiencia. Desde a organización aseguran que os participantes non se atoparán con “unha carreira máis”, senón cun evento transformador. A diversión está máis que garantizada. Esta edición será lembrada como a primeira vez que se vive a Carreira pola Diversidade na súa máxima expresión.
Como novidade destacada, Ambar presenta a súa proba lúdica. Esta modalidade contará con varias sorpresas para desfrutar do percorrido camiñando tranquilamente. Está deseñada especificamente para que as persoas que non teñan como obxectivo conseguir unha marca deportiva poidan inscribirse e vivir o evento dunha forma moi orixinal.

Inscrición
Inscrición: na páxina web de Cronotec.
Data: Domingo, 10 de maio.
Hora de saída: 10:00h.
Lugar: Explanada de Coroso, Ribeira.
Cota: 7,50€.
Tamén existe a posibilidade de facer a inscrición do Dorsal 0 para todas aquelas persoas que queiran colaborar ca entidade e non teñan oportunidade de participar na carreira.
A data límite de inscrición será o día 5 de maio ás 23:59 h. ou ata completar o número de participantes permitidos.
Inscricións e modalidades
O prazo para inscribirse xa está aberto e permanecerá activo ata o 5 de maio a través da páxina web oficial de Cronotec. Recoméndase ás persoas interesadas realizar o trámite canto antes para asegurar o seu dorsal.
As modalidades dispoñibles son:
* Modalidade Absoluta Mixta (5 km):
- Sub-18 (16 a 17 anos)
- Senior (18 a 34 anos)
- Máster 1 (35 a 40 anos), Máster 2 (41 a 50 anos) e Máster 3 (a partir de 51 anos)
* Modalidade Inclusiva (5 km):
- Zapatilla Inclusiva: Para persoas con diversidade intelectual, sensorial ou motriz que non se inclúan noutras categorías
- Handbike e Cadeira de atletismo.
* Modalidade Lúdica con ou sen mascotas (2,5 km):
- Aberta a todas as idades (menores de 0 a 16 anos incluídos). Os menores de 10 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta.
Un fin solidario
A recadación será destinada ao financiamento do proxecto “Ecosistema de vivendas inclusivas e servizo de apoio á comunidade”, impulsado pola Asociación Ambar para mellorar a calidade de vida do colectivo.
