XI Carreira pola Diversidade. INSCRICIÓNS ABERTAS.

A Asociación Ambar organiza a XI Carreira pola Diversidade que terá lugar o día 11 de maio na explanada de Coroso en Ribeira.

Trátase dunha proba con circuíto urbano.  As modalidades da carreira son: zapatilla, zapatilla inclusiva, handbike, cadeira de atletismo, andaina e andaina con mascota.

Información

Inscrición

A cota de inscrición é de 7,50€.

Pode facerse na páxina web de Cronotec.

Tamén existe a posibilidade de facer a inscrición do Dorsal 0 para todas aquelas persoas que queiran colaborar ca entidade e non teñan oportunidade de participar na carreira.

A data límite de inscrición será o día 6 de maio ás 23:59 h. ou ata completar o número de participantes permitidos.

Ir o contido