V Carreira pola Diversidade

0 Comentario
1071 Vistas

Corre con nós na V Carreira pola Diversidade
e axúdanos a construír un mundo máis inclusivo.

Fagamos do noso V aniversario unha festa por todo o alto

– As inscricións na V Carreira pola Diversidade están abertas –

A carreira forma parte do circuíto oficial da Federación Galega de Atletismo. Podes inscribirte na páxina de Carreiras Galegas.

A data límite para facer inscrición nas modalidades de 5K e probas menores é o 11 de xullo.

Modalidades

Dorsal 0

Se non es asiduo das carreiras, pero queres aportar o teu gran de area en prol da inclusión social, podes colaborar con nós facendo unha doazón co Dorsal 0.

Grazas a ti, poderemos

  • Por en valor o rol das persoas con diversidade funcional no ámbito deportivo.
  • Romper barreiras en prol da inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional.
  • Crear unha sociedade máis xusta e equitativa.

Información sobre a proba

Probas adultos

  • Recollida de dorsais: a partir das 9:45h na Explanada de Coroso, Ribeira.
  • Horario de saída: 10:30h
  • Percorrido: O percorrido terá unha distancia de 5K nun circuíto accesible dende a Explanada de Coroso ata a Estación de autobuses de Ribeira.

Probas infantís

  • Recollida de dorsais: a partir das 9:45h na Explanada de Coroso, Ribeira.
  • Probas infantís: 11:30h
  • Percorridos: Percorridos accesibles, e adaptados aos diferentes grupos de idade:
    • 9-13 anos 1.200 m.
    • 6-8 anos 600 m.
    • 3-5 anos 75 m.

Máis información:

Percorrido

Percorrido da Quinta Carreira pola Diversidade

Colaboradores Diversidade

Colaboradores Inclusividade

Colaboradores Comunidade

Colaboradores anuais de deporte inclusivo


Resultados da V Carreira pola Diversidade

Por quinto ano consecutivo celebramos a V Carreira pola Diversidade!...