Unete ó “Equipazo” Ambar

Dende Ambar traballamos por unha sociedade inclusiva, e queremos contar contigo para acadar a nosa misión

Se seres unha persoa con paixón por cambiar a sociedade e moita iniciativa, queremos saber de ti.

Envíanos o teu currículo xunto cunha carta de motivación explicando o porque te queres unir a Ambar, ó seguinte enderezo correo@asociacionambar.org

Vacantes actuais

Responsable de contido (deseño e comunicación)

Buscamos unha persoa profesional que lidere estratexicamente a implementación da nosa nova identidade visual tanto a nivel de deseño como de comunicación.

Ambar está nunha etapa moi interesante para a persoa que ocupe este posto. Vimos de cambiar a nosa identidade visual e estamos transformando a maneira en que nos diriximos ós nosos públicos obxectivos, para comunicar dunha maneira máis directa e clara. Estamos nos inicios desta transformación, polo cal estamos buscando unha persoa Responsable de contido (deseño e comunicación) que lidere proxectos e campañas de comunicación e marketing innovadoras na nosa comarca.

Se pensas que esa persoa poderías ser ti, non dubides en presentarte a esta oferta.
Prazo para a recepción de candidaturas: 29 de maio
Entrevistas: 30 maio – 6 de xuño
Le a oferta completa de emprego

Comprometidos/as pola igualdade de oportunidade

Dende Ambar celebramos a diversidade e a igualdade de oportunidades no ámbito laboral.

Se necesitas información accesible sobre as nosas oportunidades non dubides en poñerte en contacto con nós nos seguintes teléfonos: 981 874 480, 607 356 550 (What’s App) ou na nosa dirección postal: Ambar, Centro de Recursos da Barbanza, Lg. de Granxa, 5 – San Roque, 15967 Ribeira. Sempre estaremos encantados de atenderte.