Ribeira (1993)
Dende moi cativa tivo curiosidade polo seu entorno: as texturas, a xente, a paisaxe e a historia que as envolve. A arte serviulle como ferramenta para plasmar estas ideas ó público.
Estudou Belas Artes en Pontevedra (2011-2015) especializándose en pintura. En 2015 participou na Exposición de Pontevedra e realizou a Beca de Arte en Segovia do Palacio de Quintamar. No 2016 expuxo en Nume Espazo Creativo. No 2017 comezou a súa formación en arteterapia no Master de Arte Terapia e Educación Artística, e realizou as súas prácticas na fundación ADEMO e ASPADIR.
Destaca a súa intervención artística no Hospital de Pontevedra (2015) e o galardón no Concurso de Pintura na Rúa da Pobra do Caramiñal (2017).
Recentemente ilustrou o libro ‘La sedución del ego’(2021) de Mercedes Barreiro e forma parte do equipo do evento artístistico ‘O camiño da arte 2022’ en Ribeira.