Ordes
Sokram, é un creativo multidisciplinar: diseño gráfico, ilustración, música e principalmente muralismo son parte da súa actividade. O seu traballo como artista no espazo público ten un forte compoñente social, crítico e sarcástico. Destaca o seu gusto pola ironía, o humor e os dobles sentidos.
As súas imaxes conteñen unha narrativa poética e conceptual con profunda carga simbólica, na que significado e significantes entran en relación co territorio que habita a propia parede e o contexto socio-político do momento.
A liberdade de expresión, a censura e autocensura, a independencia creativa, a sociedade do autocontrol, neoliberalismo e existencialismo son temas que subxacen nos seus murais de distintas formas.
Ao largo dos últimos anos Sokram participou en diversos eventos de arte urbano e os seus murais pódense atopar en numerosos lugares de España e outros países como Francia, Italia, Portugal ou Alemania.