A Asociación Ambar é a asociación pioneira na Comarca do Barbanza traballando polos dereitos das persoas con diversidade funcional dende 1982. Traballamos día a día para lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.
Para acadar isto…

  • prestamos apoios para mellorar a calidade de vida a través do deporte inclusivo e das actividades de ocio,
  • impulsamos o empoderamento das persoas con diversidade a través da expresión artística e da creatividade,
  • aportamos ferramentas para promover a autonomía persoal nos obradoiros ocupacionais do Servizo de Atención Diúrna,
  • facilitamos a vida independente dentro da comunidade a través do programa de vivenda con apoio,
  • traballamos para a promoción da accesibilidade universal
  • formamos e promovemos o emprego digno na comarca.

Misión

Promover a independencia, a autonomía persoal e a igualdade de oportunidades das persoas con diversidade funcional na nosa comunidade.

Visión

Lograr unha comunidade na que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades, que as súas contribucións sexan valoradas e os seus dereitos respectados.

Valores

Dereitos humanos e civís
Autodeterminación e independencia
Empoderamento
Axuda entre iguais
Participación e inclusión efectiva
Diversidade
Cooperación e Solidaridade