Lanzamos o noso Servizo de Orientación Laboral

Ambar presenta o seu novo servizo de orientación laboral como centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia  para mellorar a empregabilidade das persoas con diversidade funcional e facilitar a súa inclusión no mercado laboral.

Que ofrece o servizo de orientación laboral de Ambar?

Como demandante de emprego:

  • Orientación e asesoramento individual.
  • Recursos para a busca activa de emprego e apoio na busca de ofertas.
  • Elaboración da carta de presentación, curriculum vitae e preparación da entrevista laboral.
  • Itinerarios personalizados de inserción e información e solicitudes de cursos e programas formativos.
  • Accións grupais de orientación para traballar motivación, autocoñecemento, habilidades sociolaborais, actitudes, técnicas de busca de emprego etc.

Como empresa:

  • Información sobre axudas e subvencións.
  • Orientación sobre modelos de contratación, bonificacións e redución de cotas á Seguridade Social.
  • Análise de postos de traballo e adaptacións de posto.
  • Asesoramento na busca de candidaturas de profesionais.
  • Acompañamento e resolución de dúbidas na inserción laboral.

Poden ser usuarios do servizo de orientación laboral de Ambar todas aquelas persoas con diversidade funcional inscritas como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego, este servizo é publico e gratuíto.

Contacta con nós se queres recibir máis información no teléfono 981874480 Ext.119 ou no correo electrónico orientacion@asociacionambar.org

1 Comments

Join the discussion and tell us your opinion.

AMBAR lánzase a mellorar a empregabilidade das persoas con diversidades funcionais – O Barbanzareply
12/03/2020 at 15:32

[…] asociación AMBAR, entidade de Barbanza para a inclusión social de persoas con diversidades funcion…, unha iniciativa habilitada ao abeiro do Servizo Público de Emprego de Galicia (do que é […]

Leave a reply